martes, 16 de junio de 2009

O misterio da Mangallona





Na clase de Lingua Galega estivemos investigando o que se dicía da casa da Mangallona que agora é un museo. Como era moi misteriosa gustounos e inventamos unha obra de teatro relacionando o misterio da Mangallona e o conto de Peter Pan que tamén nos encantou. No mes de xuño representamos a obra de teatro para os papás, as mamás e os nenos e nenas da escola.

Que excursión tan divertida!!






No mes de maio fixemos cantidade de actividades. Unha das que máis nos gustou foi a excursión. Primeiro fomos ao Museo Verbum, alí explicáronnos como escribian e facían os libros na idade media. Na primeira planta visitamos unha exposición permanente e fixemos varias experiencias cos sentidos, sobre todo cos sons. O mellor de todo veu despois de comer cando empezou a saír unha raioliña de sol e as profes deixáronnos bañar na piscina. Pásamolo moi, moi ben.

Pedra pau e palla





Nos primeiros días de maio fomos Á Casa da Xuventude de Cangas. Contáronnos dous contos moi bonitos: Pedra, pau e palla e a Bruxa Regañadentes. Esta bruxa era un pouco mala e daba algo de medo. Despois xogamos un pouco no parque infantil de Nazaret.

Bolboreta





A finais do mes de marzo fixemos unha saída a Pontevedra para ver unha obra de teatro que se titulaba Bolboreta. Primeiro merendamos na alameda e logo xogamos no parque infantil. Cando xa faltaba pouco para que empezase a obra, recollemos as mochilas e fomos cara o teatro. Tivemos un pequeno inconveniente, fomos ao Teatro Principal e a obra representábase no Teatro de Caixanova. Demos á volta e fomos un pouco á présa para chagar puntuais. Gustounos moito a obra, era de marionetas.

Visitamos o Museo de A Mangallona



Nos primeiros días de marzo visitamos o Museo de A Mangallona. Gustáronnos moito os cadros, as esculturas pero sobre todo a historia que nos contaron. Pensamos escribir un texto teatral que ocurre nesa casa.